leoeosseus

Wednesday, 9 May 2012

Como pasa o tempo !


O outro día topei de casualidade unha bolsa dun comercio onde saían as palabras Nunca Máis. Fixeime máis e celebran os vinte anos desa tenda poñendo unha imaxe dun acontecemento por cada ano e hai que ver como pasa o tempo. Michael Jackson semella que morreu o outro día e xa pasaron tres anos. E Lady Di que ?, pois vai facer quince anos no verán !. E iso non é nada comparado coa película Forrest Gump que xa ten dezaoito anos.
En fin, o tempo voa e nós non o controlamos.

Labels:

5 Comments:

At 10/05/2012, 00:52 , Blogger Antón de Muros said...

Efectivamente: voa (cómpre aproveitalo)
Apertas.

Antón.

 
At 10/05/2012, 02:24 , Blogger elvira carvalho said...

O tempo é a coisa mais relativa que conheço. É sempre diferente de pessoa para pessoa. Para quem está feliz voa, para quem sofre nunca mais passa. Para quem compra uma casa ou um carro a prestações fartam-se de pagar e nunca mais chega ao fim.
O mesmo acontece quando está doente.
Uma hora parece um dia, um dia semelha uma semana e por aí fora.
Outra coisa a princesa Diana foi há 15 anos e parece que foi ontem, mas se você perde o pai ou a mãe, pode ter sido o ano passado, a saudade é tão grande que lhe parece que foi há anos.
Um abraço

 
At 10/05/2012, 11:30 , Blogger Aldabra said...

e cada vez semella que pasa máis rápido.
tés toda a razón... mira para os teus pequenos, ¿onde van xa?

biquiños,

 
At 10/05/2012, 16:36 , Blogger Dilaida said...

E co paso dos anos aínda che vai correr máis. A min cando mo contaba non o cría.
Bicos

 
At 12/05/2012, 14:24 , Blogger Peke said...

E non vexas o flipe que produce pronunciar frases como "hai cincuenta anos pasoume tal cousa". Uff!!!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home