leoeosseus

xoves, 20 de setembro de 2012

Revoltallo de tempos

 
Hoxe acerqueime a Vigo e as imaxes na zona do porto asaltáronme coma un revoltallo dos tempos.
Mentres paseaban os cruceiristas ingleses había unha protesta dos afectados polas preferentes de NovaGaliciabanco ou como se chame agora. Esta era a imaxe de rabiosa actualidade ( como se diría por aí ).
Eu ollaba a protesta dende a terraza do centro comercial que fixeron onde me vacinaron a min sendo un neno e a un paso de onde despedín ao meu avó que marchaba a Venezuela no trasatlántico " Begoña ". Esta sería a imaxe dos tempos pasados.
De muda testemuña estaría a figura do escritor Jules Verne que salvou por un peleiro a súa cabeza de ser arrincada por un tubo que están montando no fondo da zona de atraque.
 
 
 
 
 
 

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 21/09/12, 00:21 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pois oiches, iso pásacheme a min unha chea de veces...
que ben describiches esa amalgama que se produce no cerebro, que pode con todo, viaxar a velocidade de vertixe polas neuronas que levan ó fondo da memoria mentres se analiza o que ocorre no presente...

 
Ás 21/09/12, 17:55 , Blogger Dilaida dixo...

Fermoso post.
Bicos

 
Ás 21/09/12, 19:00 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Despous de tres meses, nos que estiven na Xeabra, é unha ledicia atoparme con Leo,Xela, e pra non facelos de menos os seus pais.
¡Carafio, creceron os dous!
Paideleo:As reflexions, coida delas, son cousa que os anos nos traen. Sonche boas as lembranzas.
Unha aperta.

 
Ás 22/09/12, 01:30 , Anonymous peke dixo...

Sóame, pero non estou nada segura de que fai aí esa escultura de Jules Vernes. De cando é?

 
Ás 22/09/12, 12:01 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

No Begoña, precisamente, navegaron meus pais tamén cara Venezuela a finais dos cincuenta. Canta xentiña nósa viaxaría nese buque?; e cantas bágoas viu caer a nao?

 
Ás 23/09/12, 01:19 , Blogger Cuspedepita dixo...

Cando vou a Vigo e paseo polo porto, ou viaxo cara as Cíes, sempre penso no que debía sentir a xentiña que marchaba a América, se cadra sen ter saído nunca da súa casa e sen saber se volvería a ver esa terra que deixaba atrás.

 
Ás 23/09/12, 21:47 , Anonymous Anónimo dixo...

A de xente que vin marchar cara o solpor embarcados no Begoña; outra tanta vin chegar e dos nosos tamen. Iba cos meus pais O Berbés, e logo a aduana onde tíñamos pase ceibe pra saludar os tíos que volvían.
Xian Verne nunha das suas obras pasa por Rande, no estreito, e alí fala un pouco do asunto dos tesouros e da ría.
Na pilícula de "El Submarino" tamén falan do sito de Rande, e de mais cousa dela...
Dicin as linguas saibas que o Verne xa coñecía a boca de Bouzas, e tamén a illa de San Simón.
Sonche cousas da literatura, cousas certas...
Cantos amicus ficaron as augas na concatedral, e outros tantos ficaron o sacerdocio; sonche cousas pasadas, cousas certas...
Saude e Ceibedade
d:D´

 
Ás 24/09/12, 13:15 , Blogger matrioska_verde dixo...

SUPOÑO que esta estatua é recente porque eu non a recordo da última vez que estiven en Vigo.

biquiños,

 
Ás 02/10/12, 15:42 , Blogger fonsilleda dixo...

A min non me vacinaron aí, pero as millas fillas si.
Saúdos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio