leoeosseus

martes, 1 de maio de 2012

A metade de prezo


Hoxe prometía ser un día repousado co este tempo alterado que case non deixa saír da casa cando a veciña de enfrente nos avisa de que hai un supermercado aberto en Portugal que ten todo a metade de prezo só hoxe. Alá collo o coche coa intención de abastecer a casa de comida, bebida e demáis produtos para a casa e o cuidado da familia. Cheguei e xa tiven que aparcar a trescentos metros do supermercado. Pola ganga non me importaba carrexar o carriño da compra ata alí. Na entrada xa avisaban que había que gastar máis de cen euros para que quedase a compra na metade e non se podía mercar nin textil, nin electrodomésticos. Se non se chegaba a cen euros había que pagar o importe íntegro. Entrei pola zona da fruita e collín peras e mazás e circulaba bastante ben co carriño pero foi un espellismo. No seguinte corredor xa non se podía andar pola cantidade de xente así que optei por arrimar o carriño e acercar produtos a el. Fun metendo friame, iogures, potitos para Xela, latas de fruita en almibre, pan de molde, zume, etc; vamos, o que atopaba por diante nun supermercado descoñecido para min. Ah, pero cheguei aos cueiros e xa non había dos que precisa Xela. Fun contra marea á zona de aceites pero só quedaban desas botellas pequenas de cristal para sibaritas. Fun collendo conciencia do que estaba pasando e fun ver as bebidas. Alí chegaba a cola da xente que esperaba para pasar por caixa e a cara da xente era un poema. E iso que xa ían saír !.Volvín atrás e fixeime no mundo de xente pedindo peixe e carne. A xente apenas camiñaba e había nenos que choraban. Os altavoces avisaban para que retirasen coches aparcados en segunda e terceira fila. Por todas partes parecía que a xente collía por coller nas " prateleiras " onde escaseaba todo e estaba descolocado. E parecía que cada vez aceleraban máis. Semellaba un asalto ao local ou que ía estalar unha guerra e nese momento tirei a toalla. Deixei arrombado o meu carriño da compra coas cousas dentro e o euro da chave e marchei para casa sen mercar nada de nada. Perdín os cartos do gasoil e o euro do carriño pero recuperei a paz. Non me pillan noutra así. Foi como a quinta baixada ao inferno.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 02/05/12, 00:44 , Blogger Dilaida dixo...

Comprendo o que che pasou, a min pásaseme pola cabeza facer o mesmo moitas veces no Carrefour. Xuro e perxuro que nunca máis volverei alí unha fin de semana, pero... lembro o xuramento cando de novo estou metida no lío.
Perdiches os cartos do gasoil e o euro do carro, pero gañaches en tranquilidade e iso non hai cartos que o paguen.
Bicos

 
Ás 02/05/12, 01:13 , Blogger Antón de Muros dixo...

Fixeches ben.
Non paga a pena facer semellante sacrificio...

Apertas.

Antón.

 
Ás 02/05/12, 09:05 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Créocho ben, eu tampouco daría aturado.
Non foi tanta a perda!

 
Ás 02/05/12, 18:19 , Blogger Raposo dixo...

Nos tempos que corren as ofertas atraen a moita xente, a demasiada xente polo que contas.
Perdiche algúns cartos pero valeuche para facer unha nova entrada do blog. En fin...

 
Ás 02/05/12, 19:15 , Blogger mfc dixo...

Como te entendo...
Pelo que vi no Telejornal, aquilo foi um inferno completo!

 
Ás 02/05/12, 20:16 , Blogger Peke dixo...

Que horror!!!!! Espántanme as aglomeracións. Non me estraña que fuxises.

 
Ás 02/05/12, 22:51 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Amigo eu não fui ao Pingo Doce embora a tal promoção me desse jeito. Mas por uma questrão de coerência comigo e com os meus pensamentos. Teria ido em qualquer dia do ano. Excepto no 1º de Maio.
De resto se as notícias passaram por aí ficou decerto a saber que em alguns desses mercados até houve pancadaria e a polícia foi chjamada a intervir em muitos deles.
Um abraço

 
Ás 02/05/12, 23:15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que ben descrebes a situación!
a situación económica das familias é mala... pero creo que aínda que fose boa, non cambiaría moito:
hai xente que é capaz de matar con tal de facerse cunha ganga, a precise ou non.

 
Ás 03/05/12, 13:55 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu tampouco o soportaría... fixeches ben... a cordura ten un prezo.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio