Felicidade
Onte venres fun por terras ourensás e houbo treboada e sarabiada por sorpresa. Cando decidín volver para casa a temperatura baixara dez grados e estaba no inverno nun territorio increiblemente branco de sarabia. Cheguei a unha costa, parei e puxen as luces intermitentes de emerxencia porque había dous turismos parados no medio da costa. Fixen ben que estaban atrancados segundo me explicou un paisano que baixou pola costa e así atrancados tamén quedaron os condutores apurados que viñan detrás miña e me adiantaron tocando a bocina. Eu peguei media volta e explorei outro camiño alternativo cara o río con medo a saír da estrada descoñecida nunha curva calquera. Por sorte, fun dar a unha zona segura e coñecida e puiden volver a casa cunha anécdota para contar.
Estou tan feliz de saír sen problemas que sería capaz de pagar entrada para asistir á Verbenalia do cartel. Mira que hai ata rosquillas e todo !.
Etiquetas: curiosidades IX, natureza V
2 comentarios:
Pois si que caeu unha boa o venres pola tarde, saraibou todo o que quixo, ás cerdeiras deixounas medio despoboadas.
Eu tamén fixen algunha foto, a verdade é que as nubes estaban impresionantes.
Bicos
Xa me esquecía, as miñas curmás traballan na residencia "Nosa Señora da Saúde", é a que está ao carón da igrexa da Peroxa.
pola coruña non lembro que fixera tempo así... pero e que mesturo moito uns dias con outros, se non escribise algo quedaría sen recordos para cando sexa velliña
:-)
a min dame algo de medo cando vou no coche e chove moitísimo e non digamos xa se saraiba. Agárrome ao volante que despois teñen que vir cunhas tenazas para que poida abrir os dedos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio