leoeosseus

sábado, 19 de maio de 2012

Números


Ao Leo encántanlle as cancións e os contos relacionados con números e mentres come conta o número de letras que teñen as palabras que lle pasan polo maxín. Así non é de extrañar que o outro día me preguntase cal é o nome do número máis grande e eu cheguei á conclusión de que era o catrillón porque non coñecía un número máis grande. Cando o deitei busquei na interrede e descubrín que o número máis grande con nome é o " gúgol " que é un 1 seguido de 100 ceros. Ese nome inventouno un neno de 9 anos e deu orixe ao nome de Google que vén a ser " googol " mal escrito. E grazas a Leo tamén descubrín que hai un número curioso e simétrico que resulta de multiplicar 111111111 por 111111111. Ese número non é outro que 12345678987654321.
Está visto que os fillos non só nos sacan de paseo senón que tamén nos aprenden cousas !.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 20/05/12, 01:58 , Blogger Dilaida dixo...

Pois grazas a Leo xa sabemos unha cousa máis, non dúas. E son moi curiosas.
Bicos

 
Ás 20/05/12, 12:30 , Blogger Peke dixo...

E de quen non se aprende algo interesante?

 
Ás 20/05/12, 13:59 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Está ben eso de coñecer cousas novas. Eu non tiña nin puñetera idea dese googol. a o dos uns e curioso.

 
Ás 20/05/12, 16:21 , Blogger matrioska_verde dixo...

oes, que interesante... paréceme chulo eso do número gúgol.

biquiños,

 
Ás 20/05/12, 19:42 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Cen ceros son moitos ceros de dios; por pouco valor que teñan por sí sós.
(Gracias ao Leo tamén eu aprendín o do gúgol. Graciñas, Leo!!!)

 
Ás 20/05/12, 22:03 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Mira tí os gustos do Leo por onde van indo...
As preguntas dos nenos, sempre nos levan a nós mesmos a fecernos preguntas similares... ou as mesmas!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio