leoeosseus

domingo, 16 de setembro de 2012

Repetindo cando a cousa é boa



Hai dous anos a acampada na illa de Arousa abriunos as portas a ese miniparaíso e quixemos repetir.
Mentres Leo crea historias de piratas aínda lle dá tempo a cabalgar crocodrilos de pedra ou acarrexar cordas coma un penitente.
 


Xela é máis de explorar e saudar ananiños e ir visitalos unha e outra vez.
 

Tamén soubemos da nova da morte hai seis meses de Rocky, o loro pirata supervivinte dun naufraxio segundo unha lenda creada a propósito para animar a facer unha camiñada a Leo. Agora quedan no sitio de Rocky dúas ninfas que dixemos que son fillas daquel loro pirata.
 

No parque da illa hai un tren de madeira que serviu para facer de dinotren e estimular a imaxinación dos pequenos.
 

A auga non estaba quente como hai dous anos pero aínda o pasamos ben.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 18:30, 17/09/12 , Blogger Merce dixo...

Si que facía tempo que non me pasaba eu a ver a estes cativos, e que grandes e guapos están :)

Leo debe ser un gran observador e vividor de aventuras, a sua expresion amosao.

Biquiños a moreas!!!

 
Ás 23:11, 17/09/12 , Blogger Dilaida dixo...

As fotos moi fermosas e Leo e Xela están moi guapos.
Bicos

 
Ás 11:59, 18/09/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

eles pasárono mellor que vosoutros, seguro.

lástima do loro.

biquiños,

 
Ás 21:06, 18/09/12 , Anonymous peke dixo...

Que ben o pasan, e vós con eles. Están estupendos. :)

 
Ás 12:06, 19/09/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

claro que hai que repetir cando a experiencia foi boa!
fun ver o post de hai dous anos, as fermosas fotos, e como medrou Leo.
Mira tí, hai case nada e agora aí está Xela despegando e non con Ryanair!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio