leoeosseus

xoves, 27 de setembro de 2012

Seis anos


O tempo pasa por riba nosa a unha velocidade incrible e o Leo fixo seis anos hoxe xa !.
Onte tivo a festa cos compañeiros de clase no parque forestal de Beade e como o tempo estaba revolto tiveron que saltar no inchable dentro da cafetería. Despóis tocou merenda, tarta, entrega de presentes e discoteca. Pasárono mui ben e Leo volveu a casa carregado de xoguetes, roupa, contos e DVDs de Scooby Doo.
De aquí a pouco entra na idade do pavo !.

Etiquetas:

10 comentarios:

Ás 27/09/12, 23:30 , Blogger Cuspedepita dixo...

¡Parabéns para Leo ! Está moi grande e moi guapo :-))
E pensar que a última vez que o vin era bebé...

Dalle 6 bicos ben grandes.

 
Ás 27/09/12, 23:45 , Blogger Dilaida dixo...

Moitas felicitacións a Leo.
Bicos

 
Ás 28/09/12, 13:42 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Parabéns para Leo, e que siga san e feliz!

 
Ás 28/09/12, 14:06 , Blogger matrioska_verde dixo...

non o digas de cachondeo porque agora entran en calquera edade moito máis pronto que antes.

felicidades para o Leo e para o resto da familia.

biquiños,

 
Ás 28/09/12, 20:14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parabéns para o Leo e para seus pais.
Está um lindo menino, coisaa que aliás sempre foi. Que Deus o proteja.
Um abraço

 
Ás 28/09/12, 20:47 , Anonymous peke dixo...

Parabéns a ese miñoca transmutado en neno grande. Seis anos xa! E eu que aínda lembro a súa ecografía...

 
Ás 01/10/12, 17:46 , Blogger Somosauga dixo...

Parabéns para Leo. Aínda está no tempo de pasalo ben, sen darlle a cabeciña, que delicia!

PD: Scooby Doo aínda está de moda? Daquela o tempo non pasa tan rápido!

 
Ás 01/10/12, 21:16 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Vai mozo o amigo Leo.¡Parabens!

 
Ás 02/10/12, 13:53 , Blogger Paz Zeltia dixo...

6 anos é esa edade de "empezar a estudar" de verdade...
apréndese a ler e a vida xa non volve a ser igual
:-)
Está moi maior... quédanche outros 6 para irte afacendo á terrible adolescencia que despois nunca é tan terrible como a pintan.

 
Ás 02/10/12, 15:40 , Blogger fonsilleda dixo...

Parabens para o teu fillo, que maior vai xa.
A rapaza bonita, bonita.
Tes sorte.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio