leoeosseus

sábado, 27 de outubro de 2012

Actuación


Hoxe fomos mirar unha actuación de premio para Leo por portarse medianamente ben estes días. Houbo cancións, pallazos, maxia e disfraces de personaxes da tele para abraio de Xela. Anque o espectáculo era para nenos pequenos aínda rin un pouco e tamén coa graza dos nenos vontarios do público que saíron para facer un concurso de baile. Había un de tres anos e medio e cando lle preguntou a chica que quería ser de maior estivo calado un anaco e cando todos pensabamos que non sabía responder a esa pregunta soltou un " paleontólogo " ben pronunciado. A outro preguntáronlle que equipo de fútbol lle gustaba e dixo " el España ". Outro que estivo simpático foi cando lle preguntou que quería ser de maior e soltou " nada ". Un neno e unha nena falaban en galego e a chica seguiu a entrevista en galego.
Nada, que foi unha tarde distinta.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 09:05, 30/10/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

os rapaces sempre sorprenden, lástima que de maiores perdamos tanta espontaneidade.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio