leoeosseus

xoves, 18 de outubro de 2012

Eleccións 2012


Seguimos coa batalla para entrar no parlamento de Galicia e atopo curiosidades. O PSdeG pon nos cartaces a mensaxe: " É o momento " que practicamente é igual que o que usou o PP no 2009 co seu: " Chegou o momento. Feij009 ". Lembro o texto do PP porque no concello das Neves aforran tanto que agora volven pendurar as pancartas de hai tres anos. Non teño proba fotográfica pero a ver se a consigo este domingo camiño de Arbo.
As eleccións tamén poden ser case un asunto personal cando poñen de candidato un coñecido da época estudiantil que vivía a menos de dous quilómetros da miña casa. Non coñecía ese partido pero quedei abraiado cando mirei a cara do candidato. Lembro que cheguei a estar na súa casa por un amigo común e que debuxou vistas e rúas de Vilaguindastre hai máis de vinte anos.
Aparte dese veciño da foto hai outro algo que me cai máis lonxe que é Mario Conde e que non teño trato con el nin quero, graciñas. Non sei como ten cara para presentarse e o máis simpático é que haberá quen vote por el e todo.
E agora xa deixo o tema político que me aburre.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 12:48, 18/10/12 , Blogger fonsilleda dixo...

Para chorar. Digo eu porque haberá que vote por el.
Bo post.

 
Ás 14:44, 18/10/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

O M.C. é meu veciño novo. Quero decir que é veciño na terra dos meus ancestros. Ten mercados ós veciños de Chaguazoso con "parrilladas" a cotío. Coido que mercou unha casa de turismo rural, financiadad no seu día con fondos "fraguianos".
Unha curiosidade miña é: ¿Por qué merca unha casa a menos de un Km. da fronteira portuguesa nunha terra casi perdida?.
Apertas Paideleo

 
Ás 08:40, 19/10/12 , Anonymous A nena do paraugas dixo...

A política, non é que aburra, é que fede que apesta!

 
Ás 02:41, 20/10/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

E eu irei votar, malia o excepticismo que vai en aumento, pese á falta de fe. Saber que no mundo tal como está concebido agora mesmo, xa non hai nada que facer sen que se tombe primeiro.

 
Ás 14:10, 23/10/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

con Mario Conde parece que houbo cordura porque xa serie irrisorio que obtivese un posto no parlamento.

biquiños,

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio