leoeosseus

luns, 29 de outubro de 2012

Garabatos


Hai un tempo para todo e agora tocoulle a Xela entrar na gardería. Hoxe foi o primeiro día de adaptación e nos quince minutos que estivo dentro non deixou de chorar a todo pulmón. Ao primeiro foi no colo da profe e ben. Mirou os ananiños e os xoguetes e todo ía ben ata que pisou o chan e se decatou de que ía estar alí sen a nai e rodeada de persoas descoñecidas. Vaia, que o de chorar seméllame do máis normal. Todos sabemos que hai momentos duros pero ten que seguir adaptándose e mañá xa lle tocará quedar un pouco máis de tempo.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 09:06, 30/10/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

pobriña, que peniña dan... pero adaptarase como todos.

biquiños,

 
Ás 16:22, 30/10/12 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Inda recordo eu cando levei o fillo por primeira vez a guarderia. Chorou e de tal xeito, que non fun quen de deixalo. Todo pasou e despous case choraba por sair.
Un biquiño para a Xela.

 
Ás 19:36, 30/10/12 , Anonymous peke dixo...

Iso lémbrame o que me contou a miña fisio: o seu sobriño tamén chorou e chorou coma un desgraciadiño os primeiros días de gardería (agora xa é un campión que xoga con todos) e a nai pillou un ataque de asma moi forte. Como está embarazada, o home levouna ao hospital pitando e alí descubriu que ese ataque tan forte era pola separación do fillo. Xa ves. A que é alucinante?

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio