leoeosseus

venres, 2 de novembro de 2012

Derroche


Onte acercámonos ata a Cidade da cultura de Santiago e puiden comprobar o derroche que hai alí montado. O conxunto é mui orixinal pero o baleiro que alberga é tan impresionante coma a cantidade de cartos que levan perdidos aí. Son varios edificios inmensos cheos de nada e o exemplo perfecto son as torres de Hedjuk que son dúas irmás: unha de granito e outra de cristal sen nada no interior. Bueno, teñen aire que podería respirar alguén se se puidese entrar.


O museo tiña dúas exposicións: unha de " Gallaecia pétrea " que non sei que quere dicir e non visitei porque aparte dos cartos meus que levan fundidos aí queren cobrar catro euros por entrar. A outra exposición era de códices, de libros manuscritos medievais e o aforo permitido era de quince persoas; coma se non houbese espacio no edificio !.
Curiosidades tamén hai como o donut xigante feito de libros ou as pistas que valen para esquiar ou baixar en skate.



Tamén hai ocos de obras que aproveitou a natureza en forma de auga de chuvia e patos para invadir.
Á fin de contas: nada. Para min é unha burrada de cartos metidos nunha cidade que non é tal e de cultura ten ben pouco. Non haberá centos de asuntos onde meter esas cifras inmensas !.

Etiquetas: ,

4 comentarios:

Ás 09:51, 03/11/12 , Blogger Ana Cosque dixo...

Cando visitei a biblioteca foi iso mesmo o que vin, metros e metros cúbicos de aire. Pero os presupostos para todas as que dan servicio en Galicia son ridículos e as listas de contratación de persoal están paralizadas dende 2008. Para estas cousas non hai cartos. Que noxo!

 
Ás 11:47, 06/11/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

eu non a coñezo pero levas toda a razón... unha loucura.

biquiños,.

 
Ás 02:24, 10/11/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

a min pareceume impresionante cando a visitei,
arquitectónicamente é toda unha novidade para min, e deixoume marabillada en cada esquina, en cada recodo.
e a grandeza e todo iso.

pero igual ca se fora un mausoleo, unha pirámide para enterrar... a qué faraón?

o baleiro do interior tamén me deixou "fria", e máis cando lin canto se gastaba en calefacción cada dia para quentar a mole...

 
Ás 02:26, 10/11/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

así que pensaches que igual deixara o blog?

diso nada.

non teño pensado facelo, sobre todo mentres non me entere doutro sitio que me guste máis para escribir e para interrelacionarme con outras persoas ás que tamén lles gusta compartir.
porque dende logo nin facebook nin twitter poden sustituir. se acaso complementar.

o malo é que hai tempadas en que o tempo escasea, e isto é como todo, canto menos tempo lle adicas, máis vas perdendo a paixón

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio