leoeosseus

sábado, 8 de decembro de 2012

Lúa mentirosa


Traballando apréndese algo máis que a cravar puntas erguendo o martelo por riba do hombreiro. Tamén se aprende curiosidades como que a lúa é unha mentirosa. Se miras a lúa escribindo a letra "C" no ceo non quere dicir que está en crecente senón en debalo. E ao rivés, se miras unha lúa no ceo escribindo a letra "D" non está en debalo senón crecente.
A foto foi " roubada " na interrede.

Etiquetas: ,

6 comentarios:

Ás 01:09, 09/12/12 , Blogger matrioska_verde dixo...

así foi como aprendín eu o de "crecente" e "decrecente"

biquiños,

 
Ás 10:38, 09/12/12 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Esta foi uma das primeiras coisas que aprendi com meu pai.
Um abraço e Santo Domingo

 
Ás 20:19, 09/12/12 , Anonymous Harmonía dixo...

Eu tamén o aprendín cando tiña uns sete ou oito anos. Sempre que miro á lúa, recordo o truco; non falla!

 
Ás 21:14, 09/12/12 , Anonymous peke dixo...

Por que será que todos aprendemos de cativos ese truco? ;)

 
Ás 19:41, 10/12/12 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Está claro que eu son un cativiño, pq acabo de aprendelo léndote!! Grazas pola ensinanza.

 
Ás 19:14, 11/12/12 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tamén eu aprendín con ese "truco", pero non chamándolle mentireira á lúa! o caso é botarlle a culpa a alguén! :-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio