leoeosseus

venres, 11 de xaneiro de 2013

Facendo a zaina

 
Empeza o ano con frío e con indecisión. O traballo en Torredecaminho non dá levantado vó e botamos a xeira enteira a limpar por aquí e acolá. Rematei o ano pasado limpando arañeiras e empezo o novo limpando zanxas. Outros traballan un chisco e outros fan a zaina, ou sexa, fan que fan. Ás veces semellamos extras dunha película. Só espero que esta película non sexa un drama.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 01:10, 11/01/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pareces preocupado.Espero que non haxa razóns serias e que pronto haxa moito traballo e a xente non teña que facer a zaina (nunca escoitara esa expresión)

 
Ás 11:30, 11/01/13 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Corren tempos difíciles en todos os traballos, pero seguro que en canto remate este mes xa todo volve á normalidade. Os mellores desexos para ti e os teus compañeiros.
Tampouco eu coñecía "zaina"; o máis parecido que coñezo eu é "taina", que na miña casa usamos para alguén que non ten disposición ningunha e que non avanta nada. Igual ten algo que ver.

 
Ás 14:09, 11/01/13 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Gracias por a cerba zaina, non a coñecía.
Os tempos son difíciñes, e coido que así seguiran.
Imos quedar moitos estramballados polo camiño, se akguén non cambia isto.
De todolos xeitos quero decir, como xa decian antes: "Nunca choveo que non escampara".
Apertas.

 
Ás 14:10, 11/01/13 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

¡Carajo!, pasame por non correxir antes de editar. Lamento os gazapos incrustados.

 
Ás 13:06, 12/01/13 , Anonymous peke dixo...

Pois espero contigo en que non sexa drama.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio