leoeosseus

domingo, 20 de xaneiro de 2013

Xaneiro mollado

 
 
Remata esta semana de chuvias e vento e así queda atrás o San Amaro para gardar os trompos no faiado e o San Antonio de xaneiro: se chove pon as pipas no fumeiro e se non chove no canteiro.
 
Por Vilaguindastre subiron as augas do río e case afogan os parrulos. A " humanización " do río sufriu a xusta vinganza da natureza e o nome de paseo fluvial adquire o rango de realidade evidente. O pior deste tempo é como entreter a dous pequenos nun piso tantos días sen saír.
 
Irase levando.

Etiquetas: , ,

5 comentarios:

Ás 16:07, 21/01/13 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Oes, ¡Onde andarán as lampreas?.
Na casa con bós comics, seguro que non se cansan.

 
Ás 19:20, 21/01/13 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Con comics e unha boa dose de paciencia!!!
Aperta con choivas tamén dende o medio e medio do país.

 
Ás 13:19, 23/01/13 , Blogger matrioska_verde dixo...

sí, supoño que os pequenos tolean un pouquiño na casa metidos e son difíciles de aturar pero nunca choveu que non escampara.

por aquí tamén choveu moito...

biquiños,

 
Ás 20:01, 23/01/13 , Anonymous peke dixo...

Algún día parará.

 
Ás 00:35, 25/01/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

seguro que descubristes xogos novos de interior (e tamén ata onde pode chegar a vosa paciencia)

por aquí con ganiñas de ver o sol... moito frío estes dias.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio