leoeosseus

domingo, 24 de febreiro de 2013

Vixésimo mes


Aquí temos á macaquiña co seu sorriso pillo. A nena prospera en todos os aspectos. Vai comendo algo millor ( que o demo sexa xordo ). Na guardería relaciónase ben e aprende a dicir " bío " que é " mío ". Aprende muitas palabras e onomatopeias e así di " tui " ( azul ), " malo " ( amarelo ), " lasa " ( laranxa ), etc. Di " teta " pero pode referirse á da nai, a unha galleta ou á orde de " senta ". Gústalle o mando da Wii e quéreo sempre: " mano ". Cando quere beber pide " acua ". Gusta sinalar partes do corpo " ollos ", " risz "( nariz ), "tota "( boca ), " tetez "( dentes ), " quixo "( queixo ), " llellas "( orellas ), " titos " ( chichos ), " man ", " cu "," pe ". Dá as gracias cando dá ou recibe algo: " gátaz ". E hoxe dixo un nome simpático do bombón: " papón ".
Co Leo lévase mui ben e trata de imitalo en todo e de xogar co que xoga el. Tamén ten ciumes e se a nai colle a Leo no colo alá vai Xela pidindo " lolo ".
É inquieta e tanto quere mirar a tele " lele " como apagala. Despóis pode querer abrir a pecera e tratar de pendurarse dela ou subir banquetos ao sofá para sentar ela arriba ou prender as luces da casa " luis " e abrir portas " pota " ou " peta ".
É ordeada ao seu xeito e quere gardar o abrigo e os zapatos seus e os do irmán.
E segue a conta !.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 13:03, 25/02/13 , Blogger matrioska_verde dixo...

gústanme os nomes das cousas que lles poñen os pequenos... son moi graciosos.

está moi guapiña.

bicos,

 
Ás 23:35, 25/02/13 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Simplesmente maravilhosa.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 18:21, 26/02/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

de verdade perdes folgos co do blog tendo estas cousiñas marabillosas que apuntar nel???

ti non sabes o rápido que pasa o tempo e o lonxanos que despois quedan estes recordos sepultados por outros máis recentes...

Pero enténdote, as nosas ilusións e pasatempos van cambiando, sería malo que non!
Eu deixo o fálame para os exercicios literarios y cousas máis serias, e o que me apetece e me divirte vai para o tumblr que é rapido,activo e non hai que comentar... claro que... tampouco se fan os amigos que se fan aquí, que pasan de virtuais a moi reais con só querer.

Unha aperta grande!

 
Ás 18:48, 27/02/13 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

A miña amiga favorita está xa feita unha moza moi guapa.
Cando empezan a falar as veces fan a cousa graciosa. Nunha ocasión o noso fillo, que tiña uns dous ou tres anos, puxose pesado pedindo "abua", e a nai xa cansada, o chegar a un bar para darla e ante a insistencia díxole "e aga, con G", o que o rapaz dixo, vale quero abua con g. Sonche así os rapaces.

 
Ás 19:23, 12/03/13 , Anonymous peke dixo...

Pois si que progresa a rapazoliña!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio