leoeosseus

domingo, 26 de maio de 2013

Paragüeiro, cultura e deporte

 
 
Onte sábado estivemos por Tui e atopei un afiador que vén unha vez ao ano a esta cidade. Estivemos un pouco de leria e preguntoume se sempre lle falaba en galego a Xela. Díxenlle que si e respondeume: " ¿ Pero también le hablarás en castellano ? ". Eu díxenlle a verdade, que non que o resto da xente xa lle falaba en español e mesmo Xela introduce palabras españolas e trata de correxirme o que digo. Este paragüeiro debe de pensar que se non se lle fala español na casa aos nenos non aprenden e todos sabemos que o español hoxe é o idioma inevitable.
 

 
 
 
Mentres en Vilaguindastre tiñan todo pechado ao tráfico e había un despregue incrible de medios para o primeiro triatlón.
 

 
 
Supoño que en contraste co festival de Cans que así tivo que competir en público co triatlón.
Non sei por que non organizaron os eventos en datas distintas. Semellou unha luita entre deporte e cultura.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 30/05/13, 01:11 , Blogger Paz Zeltia dixo...

A mín tírame ir un ano ao de Cans. Pero sempre o vou deixando...

As razóns que lle deches ao afiador debíasllas dar tamén aos do PP

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio