leoeosseus

luns, 16 de setembro de 2013

Tesouros


O sábado houbo cumpreanos dun compañeiro de Leo e houbo unha busca dun tesouro. Ao primeiro o Leo non quería saber nada do conto pero despóis encantoulle. Tanto é así que o domingo tocou busca de tesouro en Arbo. Primeiro fíxenlle eu unhas pistas para seguir pero o tesouro non lle chistou que eran cartos. Logo tocoulle a Naideleo facerlle un percorrido e foi máis intelixente. Mandou cantar a Leo, debuxar e darlle un mangueirazo a unha alfombra e de premio recibiu todo un saltón.
E é que aos seis anos un saltón vale máis que todos os cartos do mundo !.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 13:39, 16/09/13 , Anonymous Anónimo dixo...

E que se nota a "maestría", unha scavenger hunt ben montada... Bicos, Roi, Toño e Cris

 
Ás 16:43, 16/09/13 , Blogger Alís dixo...

Onde vas a parar? Claro que vale máis... a esa idade. Despois crecemos, deixan de darnos todo o que precisamos e descubrimos que por todo hai que pagar. Ahí é cando os cartos empezan a ter valor e perdemos o verdadeiro sentido da vida e da aventura.

Unha aperta

 
Ás 20:04, 17/09/13 , Blogger Peke dixo...

Aínda lembro un tipo que hai dúas semanas dicía todo convencido: "tanto tes, tanto vales". Eu, alucinada, porque había ben tempo que non oía esa frase; no meu mundo non ten sentido. Ben por Leo e o saltón! :)

 
Ás 09:48, 23/09/13 , Blogger Paz Zeltia dixo...

que fermoso, oes, Paideleo... correr aventuras na propia eira, o mundo enteiro diante das túas propias narices...!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio