leoeosseus

sábado, 7 de decembro de 2013

Ladróns, paseos e contos


Xa non podo máis coa presbicia e tiven que mercar gafas para poder enfiar a agulla de cosido de sacos do traballo. Merqueinas no Lidl e xa case non quedaban que roubaron case todas. Avisei na caixa de que case non quedaban e a caixeira díxome que había muito chosco e eu respondinlle que o que o que había era muito ladrón.

Onte fixo bo día e despóis de xantar no Flunch do Alcampo demos un " paseo " de varios quilómetros ata Castrelos. Estivo mui ben e miramos patos e cabalos. Tamén observei curiosidades como " agaxallos " escrito nun cartaz e o Mc Donalds que di que a súa comida non é só boa que tamén é riquiña.

E hoxe tocou asistir á contacontos Paula Carballeira que contou catro contos para espantar medos.

Mañá teño que descrifar uns documentos vellos que seguro que dan para falar.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 09/12/13, 22:23 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Ver ben é unha marabilla que se corrixe con gafas. Mirar ben é outra ledicia que non necesita corrección!
(Seguro que hai agullas que enfías perfectamente...)


 
Ás 10/12/13, 01:44 , Blogger Alís dixo...

Viña seria, a falar da puñeta que nos fai a presbicia, pero o comentario de Chousa fíxome rir, así que mellor non estropeo a festa.
Contacontos de Paula Carballeira, quén puidera!!

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio