Trixésimo mes ( e mais un día )
Ou dous anos e medio que fai a nena. Os medios anos coinciden co Nadal así que hai foto cun agasallo do Papa Noel que este ano é unha abella Maya para levar á cama. Tamén tivo agasallo lila que apareceu unha Nancy cun vestido lila e rosa.
O Leo tamén recibiu os seus agasallos e hoxe botaron todo o día con eles a voltas e pelexas.
Xela segue na súa traxectoria comendo pouco e fallando á hora de pedir para facer as súas necesidades. De saúde non anda mui ben que estivo con febres e atascada de mocos e con toses.
Etiquetas: xela III
2 comentarios:
pero home, o das toses e os mocos é a banda sonora destas datas máis que as panxoliñas!
menos mal que o Noël non esqueceu algo lila!
está moi linda a nena, moitas felicidades polos dous nenos, pola saúde, pola vida.
e xa postos, polo nadal, hale.
No inverno non é doado fuxir das toses e dos mocos, e si tamén hai febre é normal que non quera comer moito e, incluso, que non teña ganas de avisar para facer as necesidades.
Moito mimo para axudar a pasar estes malestares.
Está fermosa Xela
Unha aperta
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio