leoeosseus

domingo, 26 de xaneiro de 2014

Trixésimo primeiro mes ( e máis dous días )


E aquí está a nena guerreira da casa. É unha nena inquieta que vive do aire e ten carácter forte. Vestila é unha batalla e cando ten sono ou espertou da sesta está como levada do demo. Gústalle pintar ( sobre todo as mans e outros sitios onde non debe pintar ). Pero tamén fai " deberes " cando os fai o seu irmán. Xoga con monecos e está muitas veces cun patiño do Nadal.Tamén é unha enamorada de Peppa Pig e Caillou e mira e remira episodios na tablet ou no móbil. Segue co seu falar simpático e as súas palabras simpáticas como " mouto " para monstro ou " azúquer " para azucre. Ten confusión de pasado e futuro e tanto di cando era grande como cando será pequena e quere facer tres anos para ir á " disqueteca ". Está gañando muito español pero conserva os artigos galegos e muitas palabras.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 11:17, 27/01/14 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Ten cara de picardia e intelixente.
Guapa moza, si señor

 
Ás 12:17, 27/01/14 , Anonymous peke dixo...

Guapísima. :)

 
Ás 03:56, 31/01/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

vaille cambiando a cariña, xa se vai poñendo cara de "grande" como ela quere sr para ir a disqueteca.


 
Ás 21:00, 31/01/14 , Blogger Alís dixo...

Tan pouco tempo que lle leva ás miñas pequenas e tan grande que a vexo. E preciosa tamén.
Con iso de querer ir a "disqueteca" hai que ter coidado, mellor non empezar demasiado cedo.

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio