leoeosseus

sábado, 18 de xaneiro de 2014

Vou vello



Seica vou vello. O oído fállame e dá lugar a situacións simpáticas e non tanto. O outro día oín un anuncio na radio de que o programa Topless era o máis visto na televisión e eu pensei para min que non tiña nada de raro. De alí a pouco repetiron machaconamente o anuncio e xa o escuitei millor e non era Topless senón Top Chef.
A vista tamén me falla e a presbicia obrígame a empregar a " máquina de enfiar agullas " que é o nome humorístico que lle dá un compañeiro do choio ás gafas. E non só teño problemas coa vista a curta distancia senón que teño problemas coa longa distancia e así o traxe de motorista dun trinque seméllabame un traxe de gaiteiro.
Non sei como vai rematar isto !.

Etiquetas:

9 comentarios:

Ás 19/01/14, 18:51 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E amigo, os anos passam e às vezes fazem das suas.
E olhe que há "máquinas de enfiar agulhas" cheias de estilo.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 20/01/14, 00:18 , Blogger abuelacris dixo...

"E olhe que há "máquinas de enfiar agulhas" cheias de estilo".

Elvira tiene razón

 
Ás 20/01/14, 18:58 , Anonymous Mr Tichborne dixo...

Como di Elvira, as "Máquinas de enfiar agullas" están de moda e hai quen as leva sen necesitalas, ou mesmo busca excusas para ir pola vida de Morrisey nos 80. Xusto ao revés ca nos nosos tempos!
Non é de vellos, é de hipsters!

 
Ás 20/01/14, 21:10 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

EU MERCARIA UNHA MÁQINA DE ENFIAR AGULHAS ESCOITELLE UNHA VEZ A ALGUEN QUE VELLOS SOLO SON OS FARRAPOS.
APERTAS

 
Ás 21/01/14, 15:12 , Anonymous Eva G. Rei dixo...

Pois eu diríache que foras ao "médico do cú" (como di o parente): o-cu-lista
Cando pase por onda ti estarei atenta a ver se me miras...

 
Ás 21/01/14, 19:17 , Blogger ♥ meninheira ♥ dixo...

pois eu debo estar velha tamém porque me parecía de San Nicolás :P

hahahaha

moitos biquinhos
meni*

 
Ás 21/01/14, 20:12 , Anonymous peke dixo...

Ben, fillo, a alternativa a non ir vello xa sabes cal é. A min non me mola nada. ;)

 
Ás 31/01/14, 04:01 , Blogger Paz Zeltia dixo...

jaja, esa é a sorpresa da vida, ir vendo como se desenvolven as cousas. Eu creo que non queremos morrer pola curiosidade:non queremos perdernos o que pasa no mundo.

 
Ás 31/01/14, 20:42 , Blogger Alís dixo...

Pois eu pensei que era un Papá Noel, e iso que puxen a foto en grande.
Hai moitos anos, cando aínda estaba moi lonxe de sufrir presbicia, vin un cartel grande nunha obra e, como se achegaba o Nadal, díxenlle ás miñas amigas: "Vaia detalle de Paco". Miráronme extrañadas, e sinalei o cartel dicindo: "Non lle debeu saír barato poñer ahí ese cartel de felicidades de Paco". Aínda lembro cómo se riron. O cartel dicía, en realidade, "facilidades de pago".

Unha aperta

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio