leoeosseus

martes, 11 de marzo de 2014

Non llo repices !


" Non llo repices ! ", así dixo Naideleo a Leo cando lle trataba de sacar pola forza un xoguete das mans a Xela. Eu nunca oíra iso pero a familia de Arbo dixo que significa arrancar ou tirar con forza.
Quedei coa mosca atrás da orella e pregunteille ao Dicionario de dicionarios e non saía nada. Despois pregunteille ao señor Google e xa me encamiñou e descubrín que polo menos existe en Tomiño ( de onde collín a ilustración deste posteo ) e nunha vila de Zamora ! anque variando un chisco o significado.
En fin, outra palabra máis para " artesourar ".

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 23:30, 11/03/14 , Blogger Alís dixo...

Pois para min, ler o título e lembrar a miña nai foi todo unha, así que por Ourense, polo concello de Maceda, debe dicirse tamén.

Gustoume iso de aRtesourando.

Unha aperta

 
Ás 01:13, 13/03/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Andei dando uma volta por aí pondo a leitura em dia e vendo as fotos.
Os meninos estão lindos.
Um abraço

 
Ás 22:36, 15/03/14 , Blogger paideleo dixo...



Alís, non sabía que se dicía repizar por Maceda.
Descubrín outro sitio en Zamora onde din repizar que é Boya de Aliste e outro en Salamanca, Albergueria de Argañán.

 
Ás 21:44, 16/03/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Nunca escoitar "repizar" grazas pola achega (e a naideleo por descubrírnola)

:)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio