leoeosseus

sábado, 15 de marzo de 2014

Paseando a cámara


 
Despois de tanto tempo de chuvia agradécese pasear a cámara de fotos e, con ela, nós.
Quen si pasea pero pola casa é Anastasio, o novo habitante robot da casa.


Coa cámara podo refotar unha imaxe antiga de Vilaguindastre onde un zoqueiro fala cunha muller e ela sorrí.
 


 
Leo e Xela xogan coas pompas que lle encantan a todos os nenos.

 


E falando da infancia lembrei a miña cando puxemos unha moeda na vía que quedou esmagada polo paso do tren.

 
O Leo aproveita calquera momento para ler e agora está con Gerónimo Stilton. Tamén trouxo do cole a mochila viaxeira con varios libros e DVDs e agora teño que debuxar " El cazo de Lorenzo " que foi o que máis lle gustou.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 21:16, 15/03/14 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Xela mesmo semella estar bailando un punto dunha muiñeira!

Sí que dá gusto esta bo tempo, si. Hai que disfrutalo.

 
Ás 21:39, 16/03/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

tes que debuxar tí o cazo de Lourenzo? (a min tamén me gustou a hstoria de Lourenzo e o seu cazo)

Gústame particularmente a foto do Leo tan concentrado lendo...

 
Ás 21:40, 16/03/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ah haha xa contarás que tal o robot (irá ben para os pelos de ghato?)
Eu terei que esperar que baixen un pouco de prezo...

 
Ás 02:10, 17/03/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que bom que o Leo é tão interessado nos livros.
A Xela está uma princesinha. Parabéns amigo. Tem uns filhos lindos. Deus os abençôe.
Um abraço e uma boa semana

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio