leoeosseus

venres, 13 de xuño de 2014

Civismo


Estamos cuns días de calor grande pero a xente non aprende e non muda os costumes. Se chove ata ten un pase aparcar perto dos sitios, mesmo en situacións ilegais. Pero aparcar dous coches nunha praza de discapacitados a pleno sol con sitio de sobra a vinte metros; iso xa me semella de pouco civismo.
Isto vai polas ducias de veces que miro coches aparcados irregularmente en prazas reservadas a discapacitados ou a xente con bebés ou embarazadas.
Si. Xa sei. Pero hai veces que me gusta falar ao vento !.

Etiquetas:

1 comentarios:

Ás 19:37, 13/06/14 , Anonymous peke dixo...

A pesar de que son minusválida (49%) non teño dereito a aparcar nos sitios ad hoc, ao parecer porque podería tomar o transporte público sen problemas (segundo os baremos, pero dubídoo moito), e confeso que me rebenta que os sabichóns, máis sabichóns ca ninguén, aparquen nesas prazas reservadas. Nin eu o fago, malia que tería máis dereito ca eles. Porca miseria, o puto incivismo que nos rodea.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio