leoeosseus

martes, 7 de outubro de 2014

Detalle que non paso


Ultimamente inzan por Vilaguindastre adiante placas explicativas dos monumentos que ten a vila.
Non me gusta pero paso que estean escritas en español: hai que pensar no turista do camiño portugués a Santiago e o español non deixa de ser a outra lingua oficial de Galicia.
Fastídiame máis que non escriban O Porriño que é o nome legal de Vilaguindastre, pero que se vai facer...
Pero o que si me repatea e non paso é que escriban os anos con punto. Non haberá ninguén que non saiba que a expresión numérica dos anos, a numeración de páxinas, os códigos postais; non levan punto anque pasen de mil ?.

Etiquetas: ,

3 comentarios:

Ás 23:26, 07/10/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Passei amigo. Não sabia que sua cidade ficava no caminho de Santiago, onde já fui por duas vezes.
Um abraço.

 
Ás 21:41, 08/10/14 , Blogger paideleo dixo...

Cidade, cidade; fica grande.
Mais ben vila.

 
Ás 11:46, 23/10/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pois creo que hai moita xente que non o sabe.
Eu non me enterei tampouco ata que me estaba preparando para as oposicións.

pero unha cousa é a ignorancia de cada un cando viste de paisano e outra, moi distinta, son as placas feitas por organismos oficiais

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio