leoeosseus

martes, 21 de outubro de 2014

País nostro, nostro país


Hoxe tocoume a revisión da empresa e tiven que esperar na sala de espera da clínica onde había un televisor aceso coa primeira ( que manía hai agora de chamarlle " La Uno " ) e as noticias esas do Ébola, a consulta en Catalunya e os ladróns de luva branca. A min aburríame a televisión así que lin o cartaz enorme da clínica cos médicos e as súas especialidades escrito todo nun galego case correcto. O que si me repateou é cando escribiron " caiosidades dos pés ". Supoño que en español non poñerían nunca " cayosidades " pero, claro, hai o costume de escribir en galego para darlle un toque serio e institucional á organización que está ben pero que estaría millor se o desen a corrixir a algún filólogo dos muitos que están no paro, por exemplo. Así tampouco escribirían " nostro país " e algunha lindeza máis que escribiron na bulsa de recollida de roupa que deron no cole.
En fin, naderías.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 12:12, 23/10/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

no, naderías non.
Eu cometo moitos erros en galego, e ata hai pouco nen sequera me daba moita vergoña. Mentres que se os cometía en castelán, unha falta de ortografía, por ex., ata me poñía rubia.
Tento corrixilos e aprender ben o meu idioma, que co galego non tiven que escribir cen veces crujir crujir crujir crujir

 
Ás 21:39, 23/10/14 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

Semos ansina, Xefe.

 
Ás 22:18, 23/10/14 , Blogger paideleo dixo...

Xa vexo que te puxeches ao día cos posteos, Zeltia.
Como comentabas noutro posteo: unha cousa é falar así de vestido de paisano e outra é imprimila con carácter oficial e serio.

Semos e fannos ser, Xabres.

 
Ás 00:26, 10/11/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Pois sí, tes razón que cambia a cousa, cando os erros se cometen "de forma oficial"

(aquí estou de novo poñéndome ao día cos posteos. Agora dedícolle menos tempo a bloguear, pero o tempo que lle dedico é de calidade. ;-)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio