leoeosseus

domingo, 14 de decembro de 2014

Santa Lucía e os porquiños



Imos camiño do Nadal e as celebracións acumúlanse.
Onte foi santa Lucía, patroa dos canteiros como o da foto dun monumento de Vilaguindastre que foi a feliz sustitución a última hora dun pozo andaluz que ían instalar nunha rotonda.
Nós estivemos montando unha árbore de Nadal en Vigo, tomando un chocolate no cal se tiña en pé a culler ( verídico cen por cen ) e admirando luces da cidade.


Hoxe fomos á Cidade das Burgas onde representaban a obra dos tres porquiños que remataba cun lobo comendo unha mazá. A obra estivo orixinal coas súas cancións e as pelotas que rodaron polo público e cun narrador que animaba a obra.
E imos cara ao Nadal.

Etiquetas:

7 comentarios:

Ás 19:08, 15/12/14 , Anonymous peke dixo...

Gústame a escultura. Dáse a casualidade de que dous bisavós meus (os avós paternos de miña nai e de meu pai) eran canteiros e vivían porta con porta. A pesar de que as posibilidades de que meus pais se coñecesen eran pequenas (pola guerra e iso), xa ves, aquí estou. Felices días. :)

 
Ás 21:49, 15/12/14 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

A min tamén me gusta a escultura. Saberás quen a fixo?

 
Ás 00:59, 16/12/14 , Blogger paideleo dixo...

O señor Google dime que o escultor é Suso Balado, dato que descoñecía eu.

 
Ás 14:34, 16/12/14 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Vivências que os meninos vão guardar na memória e lembrar pela vida fora.
Um abraço e tudo de bom para vós.

 
Ás 12:51, 21/12/14 , Blogger Raposo dixo...

O do chocolate non sería en Chocolates Valor?? Felices festas!!

 
Ás 00:09, 23/12/14 , Blogger paideleo dixo...

Non. En Brétemas á beira da praza da Miñoca.

 
Ás 14:38, 29/12/14 , Blogger Paz Zeltia dixo...

pero non parades...!
cantas lembranzas lindas van gardar da nenez os vosos nenos.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio