Santa Lucía e os porquiños
Imos camiño do Nadal e as celebracións acumúlanse.
Onte foi santa Lucía, patroa dos canteiros como o da foto dun monumento de Vilaguindastre que foi a feliz sustitución a última hora dun pozo andaluz que ían instalar nunha rotonda.
Nós estivemos montando unha árbore de Nadal en Vigo, tomando un chocolate no cal se tiña en pé a culler ( verídico cen por cen ) e admirando luces da cidade.
Hoxe fomos á Cidade das Burgas onde representaban a obra dos tres porquiños que remataba cun lobo comendo unha mazá. A obra estivo orixinal coas súas cancións e as pelotas que rodaron polo público e cun narrador que animaba a obra.
E imos cara ao Nadal.
Etiquetas: curiosidades XI
7 comentarios:
Gústame a escultura. Dáse a casualidade de que dous bisavós meus (os avós paternos de miña nai e de meu pai) eran canteiros e vivían porta con porta. A pesar de que as posibilidades de que meus pais se coñecesen eran pequenas (pola guerra e iso), xa ves, aquí estou. Felices días. :)
A min tamén me gusta a escultura. Saberás quen a fixo?
O señor Google dime que o escultor é Suso Balado, dato que descoñecía eu.
Vivências que os meninos vão guardar na memória e lembrar pela vida fora.
Um abraço e tudo de bom para vós.
O do chocolate non sería en Chocolates Valor?? Felices festas!!
Non. En Brétemas á beira da praza da Miñoca.
pero non parades...!
cantas lembranzas lindas van gardar da nenez os vosos nenos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio