leoeosseus

sábado, 28 de febreiro de 2015

Fin de febreiro



O outro día comendo lembrei o que se di por aquí cando come alguén un prato grande: " Se comes así mañá hoxe non morres ".
E hoxe espertoume a música da festa de san Rosendo e só durmín tres horas despois de traballar a noite que, xunto coa chuvia, me deron fame e comín pizza coma se fose aire.
E remata febreiro e sigo coa dúbida de que será a construción da foto. Non sei se será un canastro, unha cabana para xogaren os rapaces ou  un pombal.
Aí quedan a dúbida e febreiro.



Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 11:10, 01/03/15 , Blogger Raposo dixo...

Hai outra posibilidade: que sexa o último diseño arquitectónico de Santiago Calatrava.

 
Ás 12:40, 01/03/15 , Blogger Chousa da Alcandra dixo...

Comendo así mañá (ou incluso algo menos), hoxe non morres, non...

Apertas xa desde marzo

 
Ás 13:24, 01/03/15 , Anonymous peke dixo...

:)

 
Ás 20:23, 01/03/15 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que belo cozido amigo.
Curioso esse ditado. Não conhecia.
Um abraço e uma boa semana

 
Ás 13:00, 09/03/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

o prato é contundente, e mesmo que o comas todos los días que restan da túa vida, hoxe non morres. que dito tan bo.

en canto ao pseudocanastro non che podo axudar

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio