leoeosseus

venres, 24 de abril de 2015

Cuadraxésimo sexto mes

 
 
E xa van corenta e seis meses que fai a nena hoxe. O mes pasado quedou sen reflexar no blogo os seus corenta e cinco meses porque coincidiu coa avaría do outro ordenador e así poño hoxe unha foto " vella " de Xela de hai un mes saltando de pedra en pedra.



A xoubiña segue avanzando en todos os ámbitos e así escribe, debuxa, colorea, recorta, xoga ao coito, á pita, xoga con monecos ( sempre quere que eu fale co ela e os monecos ) e fai boas migas con Leo e cos curmáns. No parque xoga con nenos e saúda aos amiguiños que topa pola rúa. E ten razón quen di que vou ter que andar atrás dela cunha escopeta que xogaba con Brian e logo estiveron os dous paseando da man para sorpresa da nai del e miña. Conta todo o que fai e quere ser a gañadora e primeira en todo.
E todo isto faino sen apenas comer para marabilla da natureza que eu non sei de onde saca as forzas.
No falar segue facendo verbos regulares e así é: " dijí ", " hací ", etc. Pregunta como se din cousas en galego e segue a contar neste idioma ata o vinte que transforma en cuarenta ( para Leo era " dezadez " ).
Agora a ver se non salto ningún mesario máis de Xela.

Etiquetas:

5 comentarios:

Ás 24/04/15, 23:30 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Quase 4 anos. E cada dia mais linda.
Um abraço e bom fim de semana

 
Ás 25/04/15, 19:47 , Anonymous peke dixo...

E o Leo, canto tempo ten xa? É que perdo a conta...

 
Ás 25/04/15, 21:12 , Blogger Raposo dixo...

A vida segue, e que sexa para ben!

 
Ás 25/04/15, 23:11 , Blogger paideleo dixo...

Pois o tempo pasa, si; e o Leo xa vai para os nove anos en setembro.
Case 103 meses hoxe !.

 
Ás 05/05/15, 15:16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

quelinda e espabilada!
e ti vaia teima tes con que non come abondo! comerá o que precisa, que mira que fermosa vai...! (xa che vai ter mozo!)

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio