leoeosseus

domingo, 26 de abril de 2015

Festa coa lamprea



Hoxe tocou comer lamprea e ben boa que a prepara a avoaM que ten un truco secreto que non llo conta a ninguén nin da familia para que non o " pradiquemos ".
Eramos un grupiño xeitoso e riuse e muito na mesa coas gafas feitas do arame dun corcho dunha botella.
Tamén os vecinos de Sela aproveitaron que había procesión de coches forasteiros que ían comer lamprea para adornar o seu poste de luz de eucalipto cunha caixa rodeada das cruces dos veciños en protesta polo paso da liña de alta tensión.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 15:12, 29/04/15 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...


As lampreas da avoa deben estar feitas coa sabedoria das xentes que sempre coñeceron desde tempos atrás a mellor maneira de facelas.
¡ Que vos aproveiten!

 
Ás 13:08, 21/05/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Bo proveito, nunca probei a lamprea. mmmm nin moita curiosidade teño, que eses bichos son misteriosos e case parece atacar ao cosmos e cambiar o rumbo das estrelas.

Mola a protesta.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio