leoeosseus

luns, 11 de maio de 2015

Unha primeira comuñón


Onte fomos a unha primeira comuñón polas terras do Morrazo.
Todo foi ben e xantamos cerca da praia de Menduiña mui ben atendidos e con comida boa. O sitio podo recomendalo que aparte ten unha pisciniña para o verán e unha cama elástica e unha pista de baloncesto para que non se aburran os pequenos. O sitio chámase  " Restaurante Capitán ".
A compaña foi do máis agradable a ata aprendín unha expresión de parte do avó paterno do neno: " estar de pexegueiro " que significa estar solteiro.
Este si que foi un día de boa vida !.

Etiquetas: ,

1 comentarios:

Ás 09:53, 10/06/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Non foi ata hai un par de anos que coñecín esa praia, e tamén me recomendaron ese restaurante, pero ao final non fomos, que atopamos un merendeiro á sombra con tortilla de patacas e pementos de padrón cun godello fresquiño, e deunos preguiza ir a ningures.

feliz boa vida. que veña.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio