leoeosseus

mércores, 3 de xuño de 2015

Boas excursións


Mañá o Leo ten a súa excursión que é unha saída á praia de Samil todo o día con xantar nunha coñecida hamburguesería. Non é unha excursión como para tirar foguetes pero prefiro un día de praia que non visitar un cuartel de policía e xogar a polis e manifestantes ou sexa, bos e malos, co significado que iso pode entrar nesas mentes infantís.
En fin, menos mal que foi en Portugal pero non me extrañaría que se chegase a facer por aquí.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 16:58, 04/06/15 , Blogger Ana Cosque dixo...

Non sería raro que pasara aquí, non. Pero se se fixera, acabaría coa detención de alguén, pero prohibindo que o fotografaran 0_o

 
Ás 10:22, 11/06/15 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Flipo!

polis e manifestantes...! coma antes con vaqueiros e indios, que ninguén quería ser indio

haberá hoxe nenos que queiran ser manifestantes? as porras e os uniformes sempre foron atractivos. Non me gusta nada este xogo, parece unha maneira de manipulación nada solapada.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio