leoeosseus

domingo, 24 de abril de 2016

Quincuaxésimo oitavo mes


Imos camiño dos cinco anos da nena e estamos contentes co ela. Parece que asentou na forma de ser e xa non é tan respondona e desobediente. Tamén á hora de comer agora xa o fai millor e gañou peso e altura. Segue a ser inqueda e faladora e gústalle levar a razón e a voz cantante e así ten roces co Leo por diferenzas de gustos e ideas. Gústalle mirar a tele ( ata creo que soña co ela ), andar en patíns ( tamén polo piso adiante ) e xogar a que é un león ou un gatocán e que non é humana. Tamén xoga coas súas mans que son personaxes e gosta de que lle lean contos. O preferido é " O lobo e os sete cabritos ". Fala ben e ten algunhas palabras simpáticas como " conchoneta ", " linja " ( no canto de " ninja " ) e " acordona " que di cando se refire a ela que lembra cousas que lle pasaron hai tempo.
En definitiva: todo vai sobre rodas.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 27/04/16, 14:02 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Que bom amigo, que tudo vai sobre rodas.
E ela está cada dia mais bonita, Benza-a Deus.
Pedro se lhe for possível, passe pelo Sexta hoje e junte-se à festa.
Abraço

 
Ás 06/05/16, 13:59 , Blogger Paz Zeltia dixo...

ai, que maior é xa... parece que hai tan pouquiño que naceu.
pero esa frase que dis: "En definitiva: todo vai sobre rodas" paréceme tan tan tan linda e pouco usual. Parabéns.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio