leoeosseus

martes, 27 de setembro de 2016

Dez anos

 
 
Hoxe Leo fai os dez anos. Na foto está contente por recibir agasallos do mundo Yo-kai: o álbum, sobres sorpresa de medallas e o reloxio Yo-kai Watch que xa avisan que non di a hora. A Leo préstalle isto e o fútbol da Tablet e, con tal motivo, agora xa ten tema de conversa cos nenos da súa idade falando de fútbol. Non lle mercamos ningún libro que agora non está en época lectora. Está a esperar que publiquen o Diario de Greg 11 e a ver se engancha de novo coa lectura.
Polo resto vai ben. É boíño e bastante tranquilo e agora xoga muito coa irmá.
O sábado fará a festa cos amigos.

Etiquetas:

4 comentarios:

Ás 22:29, 27/09/16 , Blogger X dixo...

Parabéns para o noso Leo e todo o clan, que gusto dá ver medrar a súa familia.
Saúdos.

 
Ás 22:57, 27/09/16 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Parabéns para o Leo.
Que a vida sempre lhe sorria.
Um abraço

 
Ás 16:50, 28/09/16 , Blogger Paz Zeltia dixo...

Oh que maior vai o leo. Cando empecei o primeiro blog inda non nacera... certo q a ti non te atopei ata o 2009 ou así.
Moitos parabéns para o Leo e para ti.
Como senta ser pai dun neno pre-adolescente?

 
Ás 20:06, 29/09/16 , Anonymous peke dixo...

Parabéns para Leo e para vós. Dez anos xa!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio