leoeosseus

sábado, 15 de outubro de 2016

Frases


Sempre que podo pego unha volta ata a porta do Saspi para mirar o que ten escrito na pizarra ese día. A verdade é que ten frases impactantes muitas veces coma esta que fotografei onte e que deixo aquí.
A cafetería fíxose famosa polas frases que comezaron a escribir cando morreu Galeano en abril de 2015 e dende entón cambian a pizarra cada dous ou tres días... e que lles dure !.

E, falando de frases, lin unha un día aí atrás que me gustou: " Se luitas podes perder pero se non luitas estás perdido ".

O Saspi segue e eu tamén.

Etiquetas:

3 comentarios:

Ás 11:53, 17/10/16 , Anonymous peke dixo...

Guau! Estupenda iniciativa.

 
Ás 21:24, 17/10/16 , Anonymous Anónimo dixo...

Que bo! Tanto a idea coma o diálogo de Charly e Snoopy

 
Ás 17:02, 18/10/16 , Blogger Xabres da Teixeira dixo...

A ver se cunde o exemplo."Unha frase, un café."

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio