leoeosseus

sábado, 27 de outubro de 2018

Octoséximo oitavo mes ( e mais tres días )


Despisteime do mesario da xoubiña por tres días pero é que andamos enleados ultimamente. Xela está ben e segue sen comer muito. Tanto é así que o outro día cando comeu todo no comedor do cole levou un aplauso dos compañeiros. Nas actividades vai cumplindo e leva ben guitarra, ioga e ping pong pero quere deixar xadrez porque lle falta un compañeiriño. Segue argallando historias e xoga con todo pero non sai lectora coma Leo que por aí non se lle dá.
Na foto Xela está na casa nova con cousas que topou.
E si; repetimos o traballiño que fixemos hai oito anos.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 28/10/18, 00:18 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Está uma senhorinha a nossa Xela. Comer muito não importa desde que que a alimentação tenha as vitaminas e proteínas que precisa. E que a falta de apetite não seja por doente.
Um abraço e bom domingo

 
Ás 28/10/18, 04:50 , Blogger Alís dixo...

Si da feito tantas cousas seguramente é porque non precisa comer máis. Así me calmo eu con Violeta, que é igual ou pior que Xela para comer.
Parabéns para Xela no seu mesário (está foi fermosa) e ánimo para os adultos co cambio.

Bicos

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio