leoeosseus

luns, 22 de outubro de 2018

Pegadas VS Perrradas

 
 
Onte fixo tarde de paseo e baixamos polo atallo do río debaixo da vía. Hai un par de meses apareceron alí unhas pegadas dicindo " Ola " en varios idiomas. Tiven que retratalas antes de que desaparezan; muita xente tripa nelas.


E hoxe cando fun á enésima busca de caixas para embalar retratei un aviso onde o escribidor maniféstase totalmente contrario á presenza dunha especie de can descoñecida para min e que son " perrros ".
Cando eu era pequeno inventei un idioma que tiña tres " l " seguidos, pero tres " r " como que é difícil de pronunciar.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 19:36, 22/10/18 , Blogger Alís dixo...

Deben ser perrros rrabiosos. Pronuncio rrr e parece que me enfado. E lembro que Alba, de pequena, hacía rrr cando xogaba a ser pirata, e puña cara de mala.

Gústanme as pegadas

Unha aperta

PD. O meu galego vai cada día a pior. Síntoo

 
Ás 01:11, 23/10/18 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Quem sabe é setubalense? É que eles carregam tanto no r que parece terem usado dois ou três.
Abraço

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio