leoeosseus

xoves, 12 de decembro de 2019

Mudou o aguinaldo


Este ano mudou a cesta do aguinaldo. Hai menos viño e menos aceite, o cava é valenciano e non hai turrón duro pero si de xema, brando e de chocolate. Hai un surtido de polvoróns e manteigados e apareceron trufas, pralinés belgas, un queixo de ovella no canto do de San Simón e un salchichón ibérico.
Non hai queixa.
Onde si hai queixa é no profesorado que hoxe fixo folga para reclamar a volta ao número de horas de traballo de antes da crise. Tamén hai queixa polo ratio ou número de alumnos por aula.
Téñeno difícil para conseguilo pero aí queda a protesta.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 12:21, 13/12/19 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

E eu a pensar que era só por cá que se faziam essas greves.
Abraço e bom fim de semana

 
Ás 11:13, 15/12/19 , Blogger Raposo dixo...

Sorte que tes que aínda che dan a cesta. Que aproveite!!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio