Dobre aniversario
Todos os anos o 21 de xuño é especial na familia. Ese día fan anos a bisavoa Celia e a súa filla a avoaM. Xela non os fai o mesmo día por tres días !.
Este ano foi bastante especial porque fomos muitos os convidados.
Comemos e bebemos a esgalla e aprendín a facer viño gaseado. Nunha botella de champán vacía métese albariño e dúas culleradas de azucre. Métese a rolla amarrada cun arame e de alí a uns días xa tes algo semellante a cava.
Haberá que probalo !.
Etiquetas: etnografía X, familia VII
4 comentarios:
Muito interessante. Por aqui era o dia 20 de Junho. Minha mãe e meus dois irmãos nasceram nesse dia. Enquanto a minha mãe foi viva sempre se fez uma grande festa, com toda a família reunida. Desde que ela morreu a festa ficou mais pequena e este ano nem se fez.
Abraço e saúde
Que casualidade !. Por un día.
Pois meu pai naceu o 22 de xuño, e miña nai o 24. E sempre facíamos festa, tamén.
Vaia !. Semellan datas de muitos nacementos.
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio