leoeosseus

xoves, 21 de xaneiro de 2021

Pinceladas de perigo

 


 

A covidia oprime máis e máis. A pizzería só atende para levar. O " Chicoria " pechado por confinamento. O  " Saspi " exhibe un texto fermoso de Patricia Ayuste  no que acha de menos as fotos de familia, bota en falla queixarse de non ter tempo para facer muitas cousas, dálle rabia ter que ler decretos para mirar onde pode ir e a que horas e extraña os sorrisos descubertos, o roce de pel e as distancias curtas.

 

E eu que merco pantufas para pasear un hipotético peche domiciliar e tamén merco máscara de Falo Galego para risa da dependenta de ollos imposibles. E Xela queda sen once compañeiros de clase que quedan confinados ao descubrirse un positivo.

O cadro de perigo ten de cada vez  máis pinceladas.

Etiquetas:

2 comentarios:

Ás 23:24, 21/01/21 , Blogger Elvira Carvalho dixo...

Por aqui a nova variante cavalga a todo o vapor. Contrariamente ao que o governo queria, viu-se obrigado hoje a fechar as escolas.
Abraço e saúde

 
Ás 00:21, 24/01/21 , Blogger Maria dixo...

Eu atopei unha máscara que di "que corra o aire." Moi axeitado.

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio