Seudocaos
Coas novas normas hai lío. Poden xuntarse parellas de noivos pero non netos con avós. Podes ir cortar o pelo ás sete e media pero non podes mercar roupa a esa hora. E onte había un control da Garda Civil ás oito do serán nunha rotonda. Supoño que non multarían a ninguén que a esas horas podes ir encher o depósito do coche ou ir a un supermercado ou atender un maior ou máis excusas. Un pouco confuso semella todo. A min, por se é caso, déronme un novo salvoconduto no choio e xa é o cuarto !
Tanta confusión lémbrame este cartaz onde podes pensar que un curricho é o animal debuxado ou sexa a vaca e que ser panadeiro significa conducir un camión.
Nada. Que o principal é ter sentido común.
Etiquetas: covidia 21, curiosidades XXII
0 comentarios:
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio