leoeosseus

sábado, 17 de xullo de 2021

Mirabeis e outras cousas non tan dóces


 

Hoxe fun polo taller pero non para arranxar un coche senón para apañar mirabeis. Están no punto e encántanme. Como aos veciños de enfronte.

O que non está a punto é o meu historial clínico. Non consta a segunda vacina que me puxeron e que me deixou tirado un día enteiro. Fun á farmacia e ao centro de saúde e non aparecía a segunda vacina. Na farmacia dixéronme dun sitio onde fan PCRs sen baixar do coche por 30 euros e co resultado en vinte minutos. No centro do saúde déronme unha cita telefónica coa miña médica alá para o 30 e un formulario para reclamar no Sergas. O que vou facer é ir mañá ao IFEVI que teño cita para vacinarme ( a cuarta xa! ) e contar o caso a ver se teño sorte e me anotan como vacinado sen poñer a terceira dose. A ver.

E mañá empezan as vacacións en Ldn, que non en Vlrñ.

Etiquetas: ,

2 comentarios:

Ás 17/07/21, 01:42 , Blogger Maria dixo...

Mamma Mia. Non che fixeron unha Chave 365 coa segunda vacina? Eu xa o tiña, pero ó meu marido fixeronllo o día da segunda vacina. Vaia lío.

 
Ás 17/07/21, 01:43 , Blogger Maria dixo...

Por certo, encántanme os mirabeles!

 

Publicar un comentario

És humano ti ?

Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]

<< Inicio