Praia Ladeira e o folleto en seudogalego
Estes días andamos a pasear os curmáns de Leo. Na foto está Acedre ou Paideleo facendo o avión contraincendios contra María, David e Fiz na praia de Ladeira en Baiona.
Onte chegáronnos uns mobles que saíron máis baratos que en Tifón ou en Merkamueble. Mercámolos na galegadomoble que ten un folleto en seudogalego mui curioso.
Ata outra.
8 comentarios:
pois sí que é curioso, hehehe...
Interesante documento :)
E despois hai tanto filólogo no paro... Que sigas gozando da compaña dos sobriños. Un saúdo.
Rematas de inventar un novo xogo de praia,
:)
Un saúdo
¡Que envexa me das!
Agora si que podo dicir que a tua páxina empápame tudiño de morriña. Antes atopaba nela un pouco de sosego, agora noooonnnnn...
Disfrutao.
Un saúdo.
A min tamén me dá moita envexa!!!
Que pouquiño pisei a praia este verán!! E en setembro algún día de sol caerá, pero xa non será o mesmo. :/
A verdade é que o folleto é para rir ou para chorar. Xa non digo pagar a un filólogo pero si consultar con alguén que saiba. En fin...
O xogo de apagalumes cansa un pouco pero é divertido.
É o que penso eu: a praia é o sitio ideal para nenos e cans. Poden correr, mollarse e enzoufarse na area; actividades que se lles proíbe polo xeral.
Graciñas polos comentarios e a desfrutar dos últimos estralos deste verán.
bueno, ho, tampouco é para tanto o do folleto...
faise o que se pode!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio