Lembranzas do centro de saúde
Hoxe Ana ten revisión no centro de saúde. Supoño que todo irá ben. Do centro de saúde podo dicir que a primeira vez que fumos estaba a señora da foto vendendo cruasáns na porta mentes lía unha biblia. Tamén había carteis receitando respeito para os empregados sanitarios por parte dos pacientes e tamén lin un artigo dunha blogueira nun periódico deses gratuitos.
Hai que ver o coco o que lembra.
Boa fin de semana.
Etiquetas: leo, natureza, personaxes
11 comentarios:
ola!
unha ledicia volver a verte polo blogmillo!
seguireite decote
unha aperta postvacacional
Iso é o coco dos humanos, que dávos moitas voltas, :)
saúdos
Supoño que non é mal negocio venderlles cruasáns aos que saen de facer as analíticas sen ter almorzado ou aos que entran a polas receitas das pastillas para o colesterol :D
Que vaia ben o da revisión... e que siga chovendo. Boa fin de semana!
por certo, moi guapiño o rapas :)
moita sorte na revisión. E mandade saudos a Leo se é que toca ecografía e podedes verlo!!
Non vos pasa que estades desexando verlle a cariña ao Leo? A min era o que máis me tardaba.
Se a mente lembra iso, é que o demais vai ben…
Un saúdo, paideleo. Que todo vaia ben. :-)
Todo saiu ben e mirámoslle a cara a Leo. Ten unhas bembas coma os pais e do resto todo ben. O médico foi mui agradable e explicou todo ben.
Graciñas polo interese e saúdos a todos.
a foto da rosquilleira...
moi auténtica,
gustoume
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio