O pulpo no embarazo
Hoxe tiven un soño. Soñei que o Leo nacía no coche de camiño ó hospital. Logo despertei e volvín durmir e soñei que me caía o pelo a presadas e que tiña unha careca polo centro da cachola. Ana hoxe tamén soñou co neno. Non sei se será mui normal iso de soñar co neno antes de nacer pero espero que non dea mala sorte.
Tamén lin que as embarazadas non deben comer pulpo que lle nace manchas ó neno se lle cae aceite na cara da nai. Tampouco se pode comer pulpo e beber auga porque os anacos do pulpo recompóñense no estómago e resucita e pode explotar o estómago. Así que se vas a O Carballiño esta fin de semana non bebas auga.
En fin, boa fin de semana.
Etiquetas: etnografia, leo
7 comentarios:
Eu creo que o de soñar co neno é o máis normal do mundo. A inminencia do parto tenvos nerviosos, iso é todo.
Esta tarde vou cara a Galicia. Case me dá medo. Non sei que vou atopar de camiño. En fin, que pases boa fin de semana.
Eu sempre lles conto aos meus fillos que o pelo me caeu cando eles naceron asi que empeza a coidalo
eu poucas veces soñei ao meu fillo mentres estiven embarazada. Pero agora, que Santiago xa ten case 2 anos, custame lembrar eses soños sen lle por o rostro do neno hoxe. Tamén perdin moitísimo cabelo logo do parto pero dille a Ana que é normal. Bueno... iso me dixeran a min, cando xa tiña terror de quedar calva de todo!!
Non dá mala sorte, non. Eu soñei con iso constantemente no último mes de embarazo da miña muller, e a nena cumple este mes o aniño e todo foi inmellorable. É normal, non... é case inevitable.
Un saúdo.
Dille a Ana que coma pulpo e que non crea nesas historias. ;)
O da auga, disque non é solo co pulpo, tamén e con todo o marisco. No outro non che podo decir, eu solo son fillo.
jajaja, ay pobres!
¿agora non recordas eses temores difusos como algo sobredimensionado?
eu recordo as miñas inquietudes de embarazada.
confésoche que cando estaba panza arriba, nos últimos dias xa,
e vía aquela mole
decía para o meu adentro>:
esto a min non me pode saír "por aí" ho!
e, mira tí, ó final non saiu por aí, que saiu de cesárea!
jajaja
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio