O Leo pode nacer en calquera sitio
![](http://photos1.blogger.com/blogger/7519/3513/320/Cerveira%2029.jpg)
O día do nacemento de Leo está cada vez máis próximo e non deixo de pensar que pode ser no lugar máis raro posible. Cando imos a algures non podo evitar pensar que o Leo podería nacer alí. Ana ri e di que non é tan doado, pero....onte podería nacer en Valença, Portugal. O outro día no barco a Cangas...que sei eu.
Un saúdo e que veña ben que é o importante.
Etiquetas: leo
12 comentarios:
Tes razón, o máis importante e que teña saude para poder disfrutar con todos ese xoguetes...
Por certo para cando esperades que naza?.
Unha aperta para os tres.
:)
Pois non veñas por Corme, que xa nos quitaron o médico, e os desplazados no teñen. Bicos pos tres
así que xa para moi, moi cediño.... moita sorte!!
saúdos.
Faille caso a Ana... e iso, que veña ben :)
home! que non nacen tan rápido! mais quixeramos as mulleres, pero un parto pode durar moitas horas... Non teñas medo: Leo ha nacer nun hospital, e sen problema ningun.
Estou certa de que ha nacer xenial e, en todo caso, se acabases tendo razón, sempre teredes unha historia divertida que contar :)
É coña!
Beixiños e a ver cando nos dades a gran noticia!
Agardo a nova con expectación. Dentro de pouco xa poderás intercambiar experiencias de recente paternidade con Kiko Novoa e con Sihomesi. O blogomillo ten futuro!!! Un saúdo.
Non vos preocupedes, seguro que todo vai saír ben. ;)
Saúdos!
cuns pais como vós estará a desexar coñecervos, unha aperta e que sexa unha hora curta.
Parabens!!!!saera todo bem, bikiños!
A data prevista é o quince de setembro pero xa se sabe que iso é máis orientativo que real.
Xa sei que non é tan doado que o neno naza por aí adiante pero todos sabemos de casos de nenos que naceron en coches ou corredores de hospitais ou sitios máis raros aínda.
Graciñas polas vosas palabras e a ver se Leo vén dun xeito tranquilo e controlado.
tampouco nacería con tanta prisa, o final jajaja
bueno, vou seguir percorrendo o blog outro día,
a ver se vexo, onde chegou a nacer o leo!
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio