leoeosseus

Tuesday, 22 August 2006

O barco Vigo-Cangas



Preguntámoslle a David e María se foran en barco nalgunha ocasión pero o máis grande no que foron tiñan que ir descalzos e collían tres persoas. Decidimos que tiñan que coller o barco Vigo-Cangas para saber dun barco máis ou menos grande. Por suposto que lles encantou e miraron arroaces e todo. Desfrutaron coas ondas e a escuma branca que levantaba o barco e unha traíña que estaba adestrando converteuse nun barco pirata. Iso, que pasaron unha aventura naútica coma nunca pasaran.

Labels: ,

5 Comments:

At 23/08/2006, 01:43 , Blogger torredebabel said...

moita enerxía e maxia ten a primeira viaxe que un fai na vida. Pode que logo, co paso dos anos, cada quen a esqueza. Pero sempre haberá nese primeiro momento de relación co mar (ou o río, ou a ría...) unha chea de sensacións poderosas e marabillosas!

 
At 23/08/2006, 08:41 , Blogger Jan said...

Que fantástico, e tan ilusionante poder gozzar desas experiencias a través dos ollos dos nenos, vólvese todo diferente e recuperas a mirada que tiveches das cousas cando eras neno.

Non penso que sexa nostalxia, só penso que é agradable poder velo así de novo.

 
At 23/08/2006, 12:27 , Blogger moucho branco said...

Uf!... eu son un becho de montaña, iso dos chans en movemento lévoo bastante mal, :)

Un saúdo.

 
At 24/08/2006, 12:13 , Blogger paideleo said...

A verdade é que un acaba desfrutando e mirando as cousas con ollos de neno e é divertido.
Hai que gozar que a vida real é demasiado dura.
Graciñas polos vosos comentarios e gústame que desfrutedes tamén destes momentos infantís.

 
At 30/10/2009, 12:19 , Blogger zeltia said...

xa ves con que pouquiño se fai unha grande aventura!

 

Post a Comment

Subscribe to Post Comments [Atom]

Links to this post:

Create a Link

<< Home