leoeosseus

Friday, August 4, 2006

O blogo sae á luz



Sí, despois dun tempiño case desconectado por fin meu pai pode abrir o novo blogo onde falará da miña vida e o mundo ó meu arredor. Eu só podo dicir que tanto miña nai Ana, coma o meu can Colín, coma meu pai Acedre que todos están ben e agardando pola miña chegada a este mundo dos extrauterinos.
Meu pai deixa esta foto miña tirada hoxe mermiño e xa irá relatando de cando en vez cousas.
E iso é o que hai por hoxe. Aburiño.

Labels:

18 Comments:

At 8/04/2006 9:44 PM, Blogger Fer dixo...

Bem-vido de novo acedre!... quer dizer Leo :)
Já vai tempo que agardávamos a volta do seu pai à blogaliza, pero se é umha nova geraçom quem colhe a marca, tanto da!

 
At 8/05/2006 12:47 AM, Blogger torredebabel dixo...

Olaaaaaaaaaaa! que alegría que esteades de novo por acá! Xa botabamovos de menos, eh? Pois para Acedre, Leo, Ana e Colin, moitísimas apertas!

 
At 8/05/2006 12:52 AM, Blogger Marinha de Allegue dixo...

Que ledicia a vosa volta e a aparición de Leo é fantástica!!!.

Unha aperta de benvida para Ana, Leo, Colín e por suposto para ti Acedre.
:)

 
At 8/05/2006 1:14 AM, Blogger *Sara dixo...

Alégrome moito de volver a lerte (bueno, a Leo, neste caso) e, sobre todo, de que todo vos vaia tan ben. XA estabamos impacientes!! Biquiños!!

 
At 8/05/2006 1:24 AM, Blogger Mariquiña dixo...

Que fuerte!! Isto é algo innovador!! O de gravar o vídeo do parto antóllase prehistórico. Agora xa formaremos parte da vida de Leo, jeje. Imaxinas que Blogger desapareza sen previo aviso e se perdan todas estas cousas?? Eu penseino, sería horrible. Haberá que pegar cada post en word cos seus respectivos comentarios... Menudo choio! Un bico Acedre. Espero que o neno saia ao pai no de ser un gran comunicador :)

 
At 8/05/2006 3:34 AM, Blogger ifrit dixo...

Benvido leo e familia!
acedre, vexo que a xantanza sentouche ben (non así o kebab...) Seguiremos de preto toda-las túas novas vivencias :)

Unha aperta!!

 
At 8/05/2006 8:03 AM, Blogger muralla dixo...

Leo, tes un pai que é unha delicia, así que prepárate ben para a saida...
Bicos a todos.

 
At 8/05/2006 12:45 PM, Blogger emereci dixo...

Que pracer terte por aquí, Leo.
Recibe muitos bicos (comparte algún coa familia).

 
At 8/05/2006 1:44 PM, Blogger besbellinha dixo...

Eiiiiiii :))) que alegría acabo de levar e, por suposto, non vou ser menos: bicos bicos bicos e apertas(moitas) para a tremenda familia do Leo, que despois de coñecer ao pai, so poido desexarvos o mellor con todo o cariño do mundo.

 
At 8/05/2006 6:49 PM, Blogger sz dixo...

Lola vai estar encantada de encontrar a Leo, de momento xa me pide que lle lea aos pelachos. Benvido e unha aperta

 
At 8/06/2006 11:59 PM, Blogger ictioscopio!! dixo...

:D

 
At 8/07/2006 2:18 PM, Blogger Parzival dixo...

Obá! Já eram horas! Uma leitura mais para este verão tão "quente". Bem-vindo de volta.

 
At 8/07/2006 10:29 PM, Blogger David dixo...

Benvidos de novo! :D

 
At 8/08/2006 12:55 PM, Blogger Veloso dixo...

Alégrome de que nos atopemos de novo na vizosa fraga do blogomillo, lonxe do lume. Unha aperta dende Zamora.

 
At 8/08/2006 8:03 PM, Blogger Jan dixo...

Que ledicia saber que estas de volta! O Breogan e mais Jan mandamosvos un bico aos tres dende Londres (sen acentos graficos, of course).

Foi unha sorpresa enorme vervos desde aqui, nun par de dias falamos desde a nosa terra.

Bicos e apretas

 
At 8/09/2006 5:00 PM, Blogger Calidonia dixo...

A nosa benvida debía ser máis leda que o que nos permiten os días. Benvidos de todas formas.

 
At 8/09/2006 6:26 PM, Blogger máis alá dixo...

Encantado de coñecerte Leo. E benvido a casa Acedre.

 
At 8/10/2006 10:16 AM, Blogger cris dixo...

Hola de novo, xa sabes que te seguiremos dende Marin, mais agora que xa temos internet na casa.:-)
Pero dicir que o novo blog ten moi boa pinta.

 

Post a Comment

<< Home