NACEU O LEO
Como para todo hai o seu tempo o Leo por fin fixo acto de presencia extrauterina o mércores vintesete ás dez e cuarto da noite. Pesou 3,720 gramos e tanto él coma a súa nai están ben. Por suposto, eu estou canso pero orgulloso del e da nai. E agora marcho a seguir acompañándoos.
Etiquetas: leo
46 comentarios:
Parabens!!!!!!!!! Leo, xa estabamos todos no blogomillo con ganas de coñercerte e si que saiches guapo, guapo! e qué espabilado!!!!!!
Mandovos aos tres apertas fortísimas ao lonxe e todo son desexos de felicidade para o novo integrante desta enorme familia que facemos todos!
PARABENS!!!
que dicir? parabéns tamén :)
Parabéns, paideleo!
Parabéns, moi sinceiros ós tres. E o resto da familia tamén.
Un bico moi forte
Que boniiiiiito! Parabéns! E que repoludo e esperto! Que olhos mais abertos!
Que a nai recupere pronto e que o neno leve algo do pai!
Um beijo!
(Instinto paternal ao 200%.... :P)
AHÍII, UN MACHOTIÑO!!!
Benvido a este mundo Leo!. Alegrome moito de que todo saise ben Acedre.
Noraboa a todos, Acedre!!!!!!! É un bebé precioso e parece moi esperto para os días que ten. Que ben, que ben!
Xa tiñamos moitas ganas de coñecerte, Leo. :)
Biquiños aos tres!!
Noraboa, alédome que todo fose ben e a disfrutar os dous con Leo agora. Unha aperta enorme e vou facer o meu brindis particular á vosa saúde :)
Noraboa de parte de Mary Mon e David dende Madrid.
Por fin chegou o intre de que xa Leo está entre nos e esperamos que crezca san e repoludo.
Felicidade para todos.
un bico
Parabéns para toda a familia!
Bicos.
ai! noraboa!!! a coidar moito do pequeno e da nai!!!!
Felicidades papis, que disfruten ese pequeño retoño, aca estamos todos muy contentos, les mandamos muchos besos a los tres, Ines, Pichu, Maguie y Gustavo.
...ui e que cara de interesante... nin a cámara mira :D ...moitas felicidades ó pequeno... que ainda non sabe a sorte que tivo, nacendo con quen nace!!!
Parabéns Leo! Non sabes que pais tan bos che tocaron. Hai tíos con sorte ;-)
Parabéns, parabéns, parabéns!!! Que guapos lucides os dous!!! Aí aestá o neno máis esperado do blogomillo, un novo galego na terra.
Alédome moito de que todo saira ben e agardo que a súa mai se recupere moi pronto do esforzo.
Feliz chegada e boa vida para os tres, un bico moi grande de todo corazón!!!!!!!
buenoooo.... que tarde chego!!....
tanto ten, vaia a miña calurosa felicitación!!!
noraboa!
Súmome aos PARABÉNS!!!
xeitoso o neno, e xeitoso o pai.
e mira con que ollos mira!
seguro que xa tinha fame.
disfrutadeo, que vai medrar rapido.
Via GPRS desde Lanzarote vanvos unha manchea de bicos... e aproveitai estes días, son especiais, ben se ve :) A opedro houbo que explicarlle que os seus orgullosos pais ;) tamén lle puxeron Leo, como o do cole :) Agora, a durmir e mamar... Parabéns
o anterior ben se ve que fun eu, máis bicos! (agora só para o Leo) ;)
Benvido a Galicia, Leo. Chegas tarde para a vendima, pero xa che tocará outro ano, si Deus quere. Polo menos, que te leven onda o augardenteiro, que na terra dos teus pais hai algún de boa sona. E falando dos teus pais, fai o favor de felicitalos da miña parte. Un micro-abrazo.
caghona! case non cheguei á rolda de parabéns!!!! así que xa non me quedará nada que dicir sen resultar reiterativo... unha aperta enorme e alédome de que esteades todos ben :D
Licor café no bibe para ese trebón!!!!! ,"Que Frida veña tocando o acordeon",parabens..
Súmome a tódolos parabéns e aumento 500 máis.
Moita sorte.
muitos parabéns para toda a família! (vai chegando a segunda xeración blogueira...:-) )
Parabéns! Deséxovos todo o mellor para gozar deste momento e dos que están a vir. Unha aperta.
Noraboa! Moita sorte, tes un cativo precioso.
Noraboa! Agora vas ter menos tempo para contar as túas cousas xa que hai que cambiar cueiros, facer biberóns, etc
Que guapo!
Parabéns e que medre moito!
parabéns para pai, nai e fillo.
xa che pedirei uns cursos, acedre.
apertas grandes!
Parabéns!!! :D
Alégrome de que todo saíse ben. ;)
FELICIDAAAAAADESSSSSSSSSSSSSSS!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!!
QUE GUAPO, QUE BONITIÑO, QUE COUSIÑA.....FELICIDADES E DAGORA A DISFRUTALO!!!!!
BESIÑOS!!
Joder macho, non sei quen está mellor na foto, se Leo de fillo ou ti de padrazo. Conste que facedes boa parella, ;)
Veña, unha aperta aos tres, e moitos pare-béns.
Que ledicia!!! e que bo mozo o Leo!!.
Moitos agarimos para os tres.
:)
buf, buf, case non chego... estades xa máis que parabenizados, así que eu mandareivos uns bicazos e a mellor sorte para esta nova etapa.
Parabéns para toda a familia! Ben está o que ben acaba ;)
Xa contarás o ben que o ides pasar!
E por fin naceu, despois de tan larga spera, tan pequeniño, cos oyiños achinadiños, que bonitiño..
Parabens para P e para Ana e para todos os q temos a sort d coñecervos e d poder compartir con vos ste momento tan special...
Baixou unha estrela do ceo,
no teu ventre se pousou,
foi medrando pouquiño a pouco,
ata q ste mercores pola noit naceu,
tranquiliño, pouco choron,
e a cousiña mais linda,
q esta vida vos regalou.
Ata pronto, bqñs a moitas apertas.
Miles e miles de bicos para os tres.
¡Que cousiña máis rica !
Espero velo o verán que ven...
ata hoxe non puiden pasar por aquí e ver aos dous bos mozos, parabéns para os tres :)
Unha aperta
Moitos parabens e que o Leo sexa benvido a nosa Galiza. Esperamos coñecelo axiña. Bikiños.
Carme María e Adán.
¡Noraboa!
Parabéns... e que vos deixe durmir
Parabéns... eu diría que se parece ao pai!
:-D
Non o podo crer, non me enteirei ata hoxe! Non teño perdon!
Que cousa tan bonitiña tedes, é gandote eh? :D
Que sexades moi felices.
parabéns, que bonitiño é!!!
bueeeeeno
xa asistín o nacimento do Leo!!!
ainda que sexa con retraso
FELICIDADES!!!
(que nunca hai atraso para ser felicitado pola ledicia de ser pai!)
Publicar un comentario
És humano ti ?
Subscribirse a Publicar comentarios [Atom]
<< Inicio